miércoles, 9 de diciembre de 2020

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

As nenas e nenos de 5º Educación Infantil fixeron moitas actividades relacionadas coa natureza.

miércoles, 2 de diciembre de 2020

RECICLAMOS NO NADAL 

As nenas e nenos de cinco anos estamos comprometidos co coidado do medio ambiente, por iso, os agasallos de Nadal van envoltos en papel de xornal. Con este pequeno xesto queremos contribuír a manter un planeta con moitas e fermosas árbores.

lunes, 30 de noviembre de 2020

 PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO

 Este curso, dende Voz Natura, presentamos aos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP PADRE FEIJOO (ALLARIZ) o Proxecto "PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO". O noso obxectivo é facer o camiño de Allariz a Santiago.

 Por mor da pandemia tivemos que adaptalo á nova realidade que estamos a vivir. Farémolo nunha cinta de correr dividido en 6 etapas.

Simularémos que saímos de Allariz e iremos pasando polos distintos lugares, axudados por un vídeo que se proxectará na parede, un mural do camiño e cunha ambientación na que non faltará detalle: herba, plantas... 

Partirémos o 1 de decembro e serán os nenos e nenas de Educación Infantil os encargados de inauguralo coa axuda das mestras de Psicomotricidade.

Agardamos expectantes!!!


COIDADO DAS GALIÑAS

Esta semana os encargados das galiñas foron os nenxs de 6ºC, e parece que tiveron máis sorte que xs nenos anteriores....levaron ovos para casa.

SEMENTAMOS ALLOS

Os nenos e nenas de quinto de Educación Infantil A decidimos coller o sacho e comezar coa sementeira. Teremos que agardar unhas semaniñas para ver o resultado do noso traballo.

PREPARANDO A HORTA DE AURI

 Os alumnos de quinto B despois de traballar os seres vivos fixemos saida á nosa horta para poñer en práctica o aprendido e arrancar as herbas secas. Estivemos preparando a terra,botámoslle folla ,arrincamos herbas que lle demos as galiñas, rellenamos o composteiro e tamén nos deu tempo de sembrar nabos. Pasámolo xenial e para a semana queremos volver polo que imos traballar moito para volver.

INVESTIGANDO

Esta semana os encargados do coidado das galiñas foron xs nenxs de 6ºB. E polo que parece estiveron investigando por qué as galiñas son omnívoras.

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!