Ideas xeniais

LEAF ART

  Ola neniños e neniñas, hoxe queremos amosarvos os delicados traballos que fai un artista xaponés coñecido como lito_leafart. A partir de follas das árbores crea fermosas, pequenas e delicadas escenas . Deixámosvos unha mostra do seu marabilloso traballo. Se vos interesa ver máis cousas podedes ver a súa conta en instragram.
 
              







 LIBROS DE NATUREZA 


  Papis, atopamos este libro pop-up para os máis cativos da casa. ¡Al mar! de Ingela Arhenius.












 PAISAXES BORDADAS

  Ola neniñxs, como nos gusta atopar xente que fai cousas marabillosas relacionadas coa natureza, esta semana atopamos a Victoria Rose Richards. Victoria vive nunha zona rural de Inglaterra, chamada Plymouth e, con soamente 22 anos, borda paisaxes inspiradas nos campos na zona na que vive. Terras de cultivo, camiños rurais...todo o reflicte nos seus bordados. Aquí deixámosvos algunhas das súas fermosas obras.
 
            

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!