Pasiño a pasiño

 
Ola a todxs, é un pracer comunicarvos que esta semana os alumnos de 1ºA retomaron o Camiño de Santiago dende o punto no que o deixaron os compañeirxs de Infantil. 

Os nenxs están ilusionados e con moitas ganas de participar. O seu mestre de Educación Física está botándolles unha man e dándolles consellos para que fagan unha boa camiñata.

Seguiremos informando .... 


 

 

 

 

 PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO

Rematamos o camiño e agora toca descansar. Imos moi contentos coa cuncha e a pulseira.

En xaneiro retoman o camiño as nenas e nenos de Primaria.

Boa viaxe!!!














Neste curso escolar o tema que traballamos todos os colexios participantes en Voz Natura é "Defensa dos espacios naturais do Camiño de Santiago". Nun principio a idea que tiñamos era percorrer o camiño desde Allariz ata Santiago por pequenas etapas repartidas entre todas as aulas do colexio. Como en todo, tivemos que adaptar ese megaproxecto ás circunstancias actuais, pero non nos rendimos. Queremos facer os quilómetros que separan Allariz de Santiago de Compostela doutro xeito. Iremos informando das novidades e de como pasiño a pasiño imos facendo este fermoso camiño de aprendizaxe. 

  

 PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO 1

 Este curso, dende Voz Natura, presentamos aos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP PADRE FEIJOO (ALLARIZ) o Proxecto "PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO". O noso obxectivo é facer o camiño de Allariz a Santiago.

 Por mor da pandemia tivemos que adaptalo á nova realidade que estamos a vivir. Farémolo nunha cinta de correr dividido en 6 etapas.

Simularémos que saímos de Allariz e iremos pasando polos distintos lugares, axudados por un vídeo que se proxectará na parede, un mural do camiño e cunha ambientación na que non faltará detalle: herba, plantas... 

Partirémos o 1 de decembro e serán os nenos e nenas de Educación Infantil os encargados de inauguralo coa axuda das mestras de Psicomotricidade.



  



                                                                      


















































                


Agardamos expectantes!!! 

 

PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO 2

As nenas e nenos de Educación Infantil saímos o día 1 de decembro cara Santiago enriba dunha cinta de correr. Pasamos por Sta. Mariña e quedamos preto de Pereiras. Fixemos 9,79 km. coa axuda das profes Amaya e Sandra. Pasámolo moi ben!!! 


 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

  

 

 

 



      5º DE EDUCACIÓN INFANTIL


  

  

  

        6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

  

  

  


 


 


 




 



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!