Mostrando entradas con la etiqueta horto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta horto. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de febrero de 2022

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión! 










AGORA TOCA ESPERAR!!!


jueves, 2 de diciembre de 2021

MILLORAS

 Ola rapaciños, seguro que moitos de vós xa vichedes a nova porta para entrar na horta. 

Este ano é momento de milloras, e neso estamos, pouquiño a pouco.




miércoles, 1 de diciembre de 2021

 PLANTAMOS ABELEIRAS

    Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil plantamos abeleiras no HORTO DE AURI. Agardamos que na primavera florezan.








miércoles, 5 de mayo de 2021

OS NENOS E NENAS DE 4º  ED. INFANTIL  A

PLANTARON CEBOLIÑAS.

 OS NENOS E NENAS DE 4º  ED.  INFANTIL C

SEMENTARON FEIXÓNS



AGARDAMOS QUE XERMINEN PRONTO!!!

jueves, 15 de abril de 2021

jueves, 25 de marzo de 2021

 A SEMENTEIRA DOS CHÍCHAROS

QUE RICOS OS CHÍCHAROS!!! OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL A  IMOS COMER UN MONTÓN PORQUE OS SEMENTAMOS NA HORTA DO COLE.

 

sábado, 20 de febrero de 2021

ARRANXO DA HORTA

 Os alumnos e alumnas de Quinto C adicaron parte da mañá do venres a arranxar a horta de Auri. Estiveron moi atarefados arrancando malas herbas, misturando abono e terra no interior do invernadoiro...foi imprescindible a súa axuda para preparar o entorno e deixalo en boas condicions para os próximos días. En breve, comezaremos a prantar toda clase de hortalizas. 

Grazas rapaces!!!


 

lunes, 30 de noviembre de 2020

SEMENTAMOS ALLOS

Os nenos e nenas de quinto de Educación Infantil A decidimos coller o sacho e comezar coa sementeira. Teremos que agardar unhas semaniñas para ver o resultado do noso traballo.

PREPARANDO A HORTA DE AURI

 Os alumnos de quinto B despois de traballar os seres vivos fixemos saida á nosa horta para poñer en práctica o aprendido e arrancar as herbas secas. Estivemos preparando a terra,botámoslle folla ,arrincamos herbas que lle demos as galiñas, rellenamos o composteiro e tamén nos deu tempo de sembrar nabos. Pasámolo xenial e para a semana queremos volver polo que imos traballar moito para volver.

PLANTAMOS VERZAS

Os nenos e nenas de cuarto de Educación Infantil B, plantamos verzas para as galiñas. Agardamos que medren!!!

5 ANOS B ENCARGADOS DO HORTO

A semana de principios de Maio, os nenos e nenas de 5 anos B foron os responsables de encargarse do horto escolar e do coidado das galiñas. O luns, o primeiro que fixemos foi reproducir unha votación como fixeran as súas familias o día anterior, nas elección xerais. Tiñamos que votar entre mercar leitugas ou tomates. Eliximos a un presidente de mesa que lle tocou ó responsable do día e a un vogal. Cada un escribiu no seu papel a elección e despois de comprobar na lista que se atopaba o seu nome e de ter a aprobación do presidente da mesa, exercía o seu dereito a voto. Tralo reconto de votos gañou a elección de mercar tomateiras con 10 votos e cinco para as leitugas. Despois elaboramos os carteis para sinalar na horta a nosa plantación e saber dos coidados que precisa e elaboramos unha etiqueta para a caixa dos ovos. No horto, sacamos as galiñas a pasear e mentres limpamos o galiñeiro, revisamos se había ovos e picamos o pan atrasado. Tamén aproveitamos para regar as plantacións do resto de compañeiros e arrancar xunto coas galiñas algunha mala herba. No invernadoiro preparamos o terreo para a plantación, arrancando malas herbas, picando, removendo e regando a terra. Despois de hidratarnos na aula porque facía moita calor voltamos á rúa para ir mercar as tomateiras á tenda. O dependente explicounos todas as plantas que alí vendía e serviunos 10 tomateiras de dúas clases diferentes.   De volta, no invernadoiro fomos plantando por parellas as tomateiras nos regos que tiñamos preparados. Van crecer un montón! porque facía moita, moita calor. Xa na clase sorteamos os ovos por número de lista. Que os disfrutedes familia! O resto da semana seguimos cos coidados do horto e das galiñas. Emocionados estivemos cando atopábamos ovos no galiñeiro e cando lle tocamos a cresta ás galiñas. Pero que mansiñas son!   E para que as familias viran o ben que o pasamos creamos este vídeo: https://youtu.be/wG9mXOHUAds  

MALAS HERBAS....FORA!!!

Ola a todos, xa comezamos o noso traballo na horta porque hai moito, moito que facer e non nos podemos durmir. Os alumnos de 5º fai uns días estiveron limpando as malas herbas dos caixóns e poñéndoos a punto para poder utilizalos, con tanta herba non se podía facer nada, e quedaron, limpiños, limpiños. Tamén houbo traballo no invernadoiro, limpeza e estercar. Unha vez rematado e posto a punto....os nenos plantaron berzas.   Os nenos de 4º, tamén tiveron faena, limpar o muro que hai arredor da horta de malas herbas e plantar chícharos no invernadoiro.                

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!