Mostrando entradas con la etiqueta curso 20/21. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 20/21. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de mayo de 2021

SEMENTAMOS LENTELLAS NA AULA 

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL










AO CABO DUNS DÍAS XERMINARON










sábado, 27 de febrero de 2021


"MARAVILLOSA IDEA"



"Maravillosa idea" así definen dende VOZ NATURA o proxecto PASIÑO A PASIÑO que se está levando a cabo no CEIP PADRE FEIJOO. Moitas grazas!!!
 

miércoles, 23 de diciembre de 2020

Os granxeiros de quinto



 Estas semanas os alumnos de quinto A e B fomos os encargados do galiñeiro. Ás galiñas coidamolas moito e cada día sacabamolas a pasear pola finca e estaban tan contentas que sempre nos tiñan ovos. 

Ademais limpamoslle o niño e abonamos o invernadoiro para así á volta das vacacións de Nadal poder empezar a plantar. 

Os nosos compis de 5º C teñen a seguinte quenda e estamos seguros que o farán igual de ben. 


lunes, 30 de noviembre de 2020

COIDADO DAS GALIÑAS

Esta semana os encargados das galiñas foron os nenxs de 6ºC, e parece que tiveron máis sorte que xs nenos anteriores....levaron ovos para casa.

SEMENTAMOS ALLOS

Os nenos e nenas de quinto de Educación Infantil A decidimos coller o sacho e comezar coa sementeira. Teremos que agardar unhas semaniñas para ver o resultado do noso traballo.

PREPARANDO A HORTA DE AURI

 Os alumnos de quinto B despois de traballar os seres vivos fixemos saida á nosa horta para poñer en práctica o aprendido e arrancar as herbas secas. Estivemos preparando a terra,botámoslle folla ,arrincamos herbas que lle demos as galiñas, rellenamos o composteiro e tamén nos deu tempo de sembrar nabos. Pasámolo xenial e para a semana queremos volver polo que imos traballar moito para volver.

INVESTIGANDO

Esta semana os encargados do coidado das galiñas foron xs nenxs de 6ºB. E polo que parece estiveron investigando por qué as galiñas son omnívoras.

PLANTAMOS VERZAS

Os nenos e nenas de cuarto de Educación Infantil B, plantamos verzas para as galiñas. Agardamos que medren!!!

COIDADO DAS GALIÑAS 6ºA

Os nosos alumnos de 6ºA foron os primeiros en achegarse a coidar as galiñas, esta semana tocáballe a eles. E polo que parece non se foron coas mans baleiras...

BENVIDAS

As nosas galiñas xa chegaron, xa están con nós. E os alumnos de sexto A son os primeiros encargados de coidalas esta semana.

BENVIDOS RAPARIG@S

Ola rapazas e rapaces, Comezamos hoxe un novo curso , diferente, pero cheo de ilusions e de proxectos que esperamos levar a cabo con vos. Pouquiño a pouco irémosvos comunicando todas esas novas ideas que temos xa en mente. Dende o equipo de A HORTA DE AURI queremos desexarvos un bo e sobretodo feliz curso.

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!