lunes, 30 de noviembre de 2020

5 ANOS B ENCARGADOS DO HORTO

A semana de principios de Maio, os nenos e nenas de 5 anos B foron os responsables de encargarse do horto escolar e do coidado das galiñas. O luns, o primeiro que fixemos foi reproducir unha votación como fixeran as súas familias o día anterior, nas elección xerais. Tiñamos que votar entre mercar leitugas ou tomates. Eliximos a un presidente de mesa que lle tocou ó responsable do día e a un vogal. Cada un escribiu no seu papel a elección e despois de comprobar na lista que se atopaba o seu nome e de ter a aprobación do presidente da mesa, exercía o seu dereito a voto. Tralo reconto de votos gañou a elección de mercar tomateiras con 10 votos e cinco para as leitugas. Despois elaboramos os carteis para sinalar na horta a nosa plantación e saber dos coidados que precisa e elaboramos unha etiqueta para a caixa dos ovos. No horto, sacamos as galiñas a pasear e mentres limpamos o galiñeiro, revisamos se había ovos e picamos o pan atrasado. Tamén aproveitamos para regar as plantacións do resto de compañeiros e arrancar xunto coas galiñas algunha mala herba. No invernadoiro preparamos o terreo para a plantación, arrancando malas herbas, picando, removendo e regando a terra. Despois de hidratarnos na aula porque facía moita calor voltamos á rúa para ir mercar as tomateiras á tenda. O dependente explicounos todas as plantas que alí vendía e serviunos 10 tomateiras de dúas clases diferentes.   De volta, no invernadoiro fomos plantando por parellas as tomateiras nos regos que tiñamos preparados. Van crecer un montón! porque facía moita, moita calor. Xa na clase sorteamos os ovos por número de lista. Que os disfrutedes familia! O resto da semana seguimos cos coidados do horto e das galiñas. Emocionados estivemos cando atopábamos ovos no galiñeiro e cando lle tocamos a cresta ás galiñas. Pero que mansiñas son!   E para que as familias viran o ben que o pasamos creamos este vídeo: https://youtu.be/wG9mXOHUAds  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!