VIAXES GRATIS
Esta é unha noticia antiga pero pensamos que ben podía estar de actualidade. Fai dous anos Roma foi noticia por ser a primeira cidade europea que ofrecía billetes de metro gratis aos viaxeiros a cambio de botellas de plástico. Esta medida logrou que 350.000 foran recicladas e non acabaran no lixo común ou tiradas na natureza. Polo que parece, superaron todos os obxectivos previstos e tiñan pensado extender a experiencia a toda a rede de metro.
Estivemos a investigar como estaban as cousas nesa cidade neste 2021 e se lograron ampliar a idea a toda a rede de metro, pero non fomos capaces de atopar unha noticia actual na rede. De todas maneiras, aí van os nosos parabens por tan excelente idea .
APLAUSOS PARA DIEGO E MANUEL DE 4ºB
Os aplausos de hoxe son para Diego e Manuel, alumnos de 4ºB por recoller do chan botellas de plástico da súa zona de patio.
GRAZAS!!!!
APLAUSOS PARA GAEL DE 4ºA
Estreamos o apartado de aplausos dando os nosos parabens a Gael , alumno de 4ºA por recoller papeis da súa zona de patio sen que ninguén lle pedira nada e ademáis...non eran seus.
PARABENS!!!! E......GRAZAS!!!
Neste apartado iremos poñendo aquelas accións solidarias co planeta que nos vaiamos atopando ou nos vaiades enviando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario