miércoles, 23 de diciembre de 2020

Os granxeiros de quinto



 Estas semanas os alumnos de quinto A e B fomos os encargados do galiñeiro. Ás galiñas coidamolas moito e cada día sacabamolas a pasear pola finca e estaban tan contentas que sempre nos tiñan ovos. 

Ademais limpamoslle o niño e abonamos o invernadoiro para así á volta das vacacións de Nadal poder empezar a plantar. 

Os nosos compis de 5º C teñen a seguinte quenda e estamos seguros que o farán igual de ben. 


Manualidades de quinto

Este mes de decembro o alumnado de quinto de primaria adicouse ás manualidades.


En lengua están lendo "La vuelta al mundo en 80 días" e entre outras actividades relacionadas co tema realizaron un mapa interactivo da viaxe. Para facelo pintaron un mapa do percorrido, aprendendo así xeografía e logo reutilizando cartóns de paquetes e papel aluminio dos bocatas (e algún que outro rulo mais) fixeron o cableado para que logo cunha pila de petaca e unha bombilla facer a maxia da electricidade e conseguir que funcionase. Foi todo un logro do que estamos moi orgullosos. 



Seguimos coa reciclaxe!!!!

Con botes de mel baleiros, poliespan e un poquiño de amor fixemos estas bolas de neve para Nadal. Pintamos uns mandalas para decorar a tapa, escollemos a nosa foto favorita e listo. 

Agardamos que desfrutedes todos nas casas de tan fermoso agasallo. 


BOAS FESTAS





lunes, 21 de diciembre de 2020

 PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO

As mestras de Educación Infantil tamén fixeron o camiño.




viernes, 18 de diciembre de 2020


 PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO

Rematamos o camiño e agora toca descansar. Imos moi contentos coa cuncha e a pulseira.

En xaneiro retoman o camiño as nenas e nenos de Primaria.

Boa viaxe!!!














miércoles, 16 de diciembre de 2020

PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO 

As nenas e nenos de Educación Infantil saímos o día 1 de decembro cara Santiago enriba dunha cinta de correr. Pasamos por Sta. Mariña e quedamos preto de Pereiras. Fixemos 9,79 km. coa axuda das profes Amaya e Sandra. Pasámolo moi ben!!! 

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
 





5º DE EDUCACIÓN INFANTIL





6º DE EDUCACIÓN INFANTIL






A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!