lunes, 30 de noviembre de 2020

 PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO

 Este curso, dende Voz Natura, presentamos aos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP PADRE FEIJOO (ALLARIZ) o Proxecto "PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO". O noso obxectivo é facer o camiño de Allariz a Santiago.

 Por mor da pandemia tivemos que adaptalo á nova realidade que estamos a vivir. Farémolo nunha cinta de correr dividido en 6 etapas.

Simularémos que saímos de Allariz e iremos pasando polos distintos lugares, axudados por un vídeo que se proxectará na parede, un mural do camiño e cunha ambientación na que non faltará detalle: herba, plantas... 

Partirémos o 1 de decembro e serán os nenos e nenas de Educación Infantil os encargados de inauguralo coa axuda das mestras de Psicomotricidade.

Agardamos expectantes!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!