A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!
Os rapaces de sexto curso saíron coas súas cámaras a fotografíar a natureza nunha das estacions máis fermosas do ano o.....OUTONO.
Ola rapaces, hoxe temos unha curiosidade para vós. Coñecedes un lugar onde medran árbores co tronco torcido? Non? Pois lede o seguinte...
Este misterioso lugar atópase nos arredores da cidade de Gryfino, na parte oeste de Polonia. És unha pequena extensión do bosque onde se atopan prantados máis ou menos catrocentos pinos da especie Pynus Silvestris. Presentan unha extraña curva na base dos seus troncos. As árbores cúrvanse cerca de noventa grados cara o norte, quedando a poucos centímetros do chan, dando a apariencia de formar un signo de interrogación.
Ola rapaciños, seguro que moitos de vós xa vichedes a nova porta para entrar na horta.
Este ano é momento de milloras, e neso estamos, pouquiño a pouco.
Xa estamos rematando a nosa peregrinaxe, os nenos e nenas de 6ºC son os últimos rapaces en subir a nosa cinta de camiñar para chegar a Santiago. Pero...aínda nos quedan uns metros e eses, teñen sorpresa!!!
Estamos xa chegando ao noso destino....SANTIAGO DE COMPOSTELA, quédanos moi pouco. Os alumnos e alumnas de 6ºB xa aportaron o seu graniño de area para estar cada vez máis preto.
Aquí temos aos nenos e nenas de 6ºA camiñando pasiño a pasiño....xa estamos moi preto rapaces!!! Ánimo!!!
Pois xa rematamos o noso cacho de camiño,e soubonos a ben pouco!
Desexando estamos de chegar a Santiago por iso ademais do camiño fixemos carteis para poñer n aescola das distintas etapas e unha gran Catedral de Santiago para a chegada. So tedes que percorrer o edificio de primaria para velos,ademais sirvenos de pistas para atopar a marabillosa cinta de andar que tanto nos gustou empregar.
Los alumnos/as de 4ºB realizaron este bonito mural transformando partes del cuerpo: Pies, manos, puños, codos, rodillas y dedos ...en flores.
Uns máis rápido e outros paseniño os de 4B percorremos o noso camiño. Con alegría e sen cesar… andamos ata chegar ata un fermoso lugar.
Na aldea do Prado rematamos e despois de máis de 6km ao noso destino chegamos. En total con todo o cole e ata cuarto cerca de 81 km acumulamos. Veña quinto! Non paredes! Que a Santiago logo chegaredes. Seis quilómetros e corenta metros nós logo os fixemos. Visitamos Santo Domingo e pasamos por Puxallos. Na estación de Lalín paramos mercar agasallos. Pasamos Bouza e Donisón e ata Laxe percorremos desde o Prado e despois de 80 km e 830, o relevo vos cedemos. Nós fichémolo estupendo! Rematada a cuarta etapa e a quinta no comezo seguimos xuntos a Santiago para gañarmos o Xacobeo! Desfrutade do camiño e boa viaxe compañeiros!
Os nenos e nenas de primeiro C despedimos o trimestre coidando das nosas galiñas durante a última semana antes das vacacións. Visitámolas cada día para que non lles faltase auga e comida e para recoller os prezados "ovos."
Os alumnos e alumnas de 4ºA temos que dicir que descubrindo o Camiño de Santiago experimentamos sentimentos nunca vividos anteriormente.
Coñecemos a sorprende historia sobre o Apóstolo Santiago, as rutas xacobeas a nosa preciosa catedral...
Preparar o equipamento para o Camiño foi emocionante! Pintamos cunchas de vieiras, cabazas...
Camiñamos desde Estación Lalín ata Donsión, 4km 830 metros!
Quedamos con ganas de máis pero agora tócalle aos nosos compañeiros de 4ºB.
Que mágoa que por culpa do coronavirus non poidamos facer o Camiño de verdade.
O noso sentir foi de auténticos peregrinos!
Moitas cousas pequenas en moitos lugares pequenos....axudan ao noso PLANETA. Iso é o que nos levou ás mestras de 1° a intentar concienciar ás nosas alumnas e alumnos da importancia de coidar o noso..
A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión! AGORA TOCA ESPERAR!!!