miércoles, 14 de abril de 2021

PASIÑO A PASIÑO 4ºB

 

Uns máis rápido e outros paseniño os de 4B percorremos o noso camiño. Con alegría e sen cesar… andamos ata chegar ata un fermoso lugar.

Na aldea do Prado rematamos e despois de máis de 6km ao noso destino chegamos. En total con todo o cole e ata cuarto cerca de 81 km acumulamos. Veña quinto! Non paredes! Que a Santiago logo chegaredes. Seis quilómetros e corenta metros nós logo os fixemos. Visitamos Santo Domingo e pasamos por Puxallos. Na estación de Lalín paramos mercar agasallos. Pasamos Bouza e Donisón e ata Laxe percorremos desde o Prado e despois de 80 km e 830,  o relevo vos cedemos. Nós fichémolo estupendo! Rematada a cuarta etapa e a quinta no comezo seguimos xuntos a Santiago para gañarmos o Xacobeo! Desfrutade do camiño e boa viaxe compañeiros!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!