Que ganas tiñamos todos de que chegara este día. Tanto mestres coma nenos preguntando día sí e día tamén :"Chegaron as galiñas?" E por fin chegaron. Non lle fixemos honores, pero case. Tiñamos moita ilusión, de verdade que sí.
Bueno, pois xa están connosco. Os nenos preparáronlle todo o necesario para que estean cómodas e contentas. Preparáronlle o comedeiro, o bebedeiro, déronlle unhas berciñas de agasallo...aquí o podedes ver.
E posaron así de guapiñas para a foto.
https://youtu.be/3K_-2Qt24iA
No hay comentarios:
Publicar un comentario