lunes, 30 de noviembre de 2020

A HORTA DE AURI

 

"Miña terra, miña terra,

terra donde m'eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei"

                                                                        Cantares gallegos (Rosalía de Castro)

Este anaco do poema de Rosalía simboliza o espíritu deste novo proxecto no noso colexio. Non é unha maneira moi común de comezar un blog escolar, sabémolo, pero facémolo dende o corazón e a lembranza da nosa querida compañeira Auri.

Amaba e defendía por igual natureza e animais. Amaba o noso, a nosa língua, a Terra, a Rosalía...Por iso, e por moitas cousas máis, non podía levar outro nome,,,,,  A HORTA DE AURI.

Regaremos e coidaremos con moito agarimo todo o que aquí sementemos ou plantemos.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!