sábado, 30 de enero de 2021

COIDADO DAS GALIÑAS 4ºB

Esta semana, os nenos e nenas de 4º B fomos coidar das galiñas á Horta de Auri. Non lles faltou de nada: millo, verzas, auga...

Limpámoslle o niño e todos os días nos tiñan un agasallo: uns fermosos ovos. Moitas grazas galiñas!!!



 

PASIÑO A PASIÑO PRIMER CURSO

 Pasiño a pasiño...fixeron o camiño. Os nenos e nenas de Primeiro remataron esta semana a súa participación. Camiñaron  19,5 kms. que sumados aos 13,79 dos nenos e nenas de Infantil, o colexio leva percorridos.....33.29 kms!!!!!!!

Chegamos a Ourense e alí comezamos a segunda etapa. Nesta etapa, xa acadamos Castro de Beiro e Reguengo.


 

    
1ºA
  
1ºB
  
1ºC

Os nenos e nenas de Primeiro querían seguir camiñando... pero agora os seus compañeiros maiores deberán continuar os seus pasos. 





 

viernes, 22 de enero de 2021

VISITA DE 4ºA ÁS GALIÑAS

 Queridas Galiñas:

Queremos darvos as grazas polos ovos tan deliciosos que nos destes.

Sen dúbida, ir visitarvos esta semana foi o noso mellor momento.

Grazas por ser tan agarimosas con nós e aceptar de tan bo grado os nosos coidados.

      Que sigades tan felices na nosa horta!

          Os alumnos e alumnas de 4ºA.



 

martes, 19 de enero de 2021

RETOMAMOS O CAMIÑO

 Ola a todxs, é un pracer comunicarvos que esta semana os alumnos de 1ºA retomaron o Camiño de Santiago dende o punto no que o deixaron os compañeirxs de Infantil. 

Os nenxs están ilusionados e con moitas ganas de participar. O seu mestre de Educación Física está botándolles unha man e dándolles consellos para que fagan unha boa camiñata.

Seguiremos informando ....



COIDADO DAS GALIÑAS

 Ola neniñxs, xa estamos de volta. 

Para comezar o ano os alumnxs de 5ºC estiveron a primeira semana deste Xaneiro coidando das galiñas. Déronlle de comer, de beber, acomodáronlle o niño e elas en compensación a tanto coidado puxeron 9 ovos. E os nenxs....encantados.


 

miércoles, 23 de diciembre de 2020

Os granxeiros de quinto



 Estas semanas os alumnos de quinto A e B fomos os encargados do galiñeiro. Ás galiñas coidamolas moito e cada día sacabamolas a pasear pola finca e estaban tan contentas que sempre nos tiñan ovos. 

Ademais limpamoslle o niño e abonamos o invernadoiro para así á volta das vacacións de Nadal poder empezar a plantar. 

Os nosos compis de 5º C teñen a seguinte quenda e estamos seguros que o farán igual de ben. 


Manualidades de quinto

Este mes de decembro o alumnado de quinto de primaria adicouse ás manualidades.


En lengua están lendo "La vuelta al mundo en 80 días" e entre outras actividades relacionadas co tema realizaron un mapa interactivo da viaxe. Para facelo pintaron un mapa do percorrido, aprendendo así xeografía e logo reutilizando cartóns de paquetes e papel aluminio dos bocatas (e algún que outro rulo mais) fixeron o cableado para que logo cunha pila de petaca e unha bombilla facer a maxia da electricidade e conseguir que funcionase. Foi todo un logro do que estamos moi orgullosos. 



Seguimos coa reciclaxe!!!!

Con botes de mel baleiros, poliespan e un poquiño de amor fixemos estas bolas de neve para Nadal. Pintamos uns mandalas para decorar a tapa, escollemos a nosa foto favorita e listo. 

Agardamos que desfrutedes todos nas casas de tan fermoso agasallo. 


BOAS FESTAS





A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!