lunes, 30 de noviembre de 2020

ONDE ESTÁN AS GALIÑAS?

Ola rapaces, seguro que alguns de vos estádesvos preguntando onde están as nosas galiñas, porque xa fai algún tempo que non as vedes. No período de confinamento a mestra Pili levounas para a súa casa e seguen alí , disfrutando da boa vida, boa comida, auga fresquiña, espacio onde corretear...están como raíñas!!!. Pero como sabemos que as botades de menos, xa lle estamos preparando a súa maletiña para que veñan ao colexio, por suposto seguirán difrutando das súas comodidades e ademáis dos vosos coidados e atencions. Que eso é o que máis lles gusta, estar con vós!!!!.

BENVIDOS RAPARIG@S

Ola rapazas e rapaces, Comezamos hoxe un novo curso , diferente, pero cheo de ilusions e de proxectos que esperamos levar a cabo con vos. Pouquiño a pouco irémosvos comunicando todas esas novas ideas que temos xa en mente. Dende o equipo de A HORTA DE AURI queremos desexarvos un bo e sobretodo feliz curso.

5 ANOS B ENCARGADOS DO HORTO

A semana de principios de Maio, os nenos e nenas de 5 anos B foron os responsables de encargarse do horto escolar e do coidado das galiñas. O luns, o primeiro que fixemos foi reproducir unha votación como fixeran as súas familias o día anterior, nas elección xerais. Tiñamos que votar entre mercar leitugas ou tomates. Eliximos a un presidente de mesa que lle tocou ó responsable do día e a un vogal. Cada un escribiu no seu papel a elección e despois de comprobar na lista que se atopaba o seu nome e de ter a aprobación do presidente da mesa, exercía o seu dereito a voto. Tralo reconto de votos gañou a elección de mercar tomateiras con 10 votos e cinco para as leitugas. Despois elaboramos os carteis para sinalar na horta a nosa plantación e saber dos coidados que precisa e elaboramos unha etiqueta para a caixa dos ovos. No horto, sacamos as galiñas a pasear e mentres limpamos o galiñeiro, revisamos se había ovos e picamos o pan atrasado. Tamén aproveitamos para regar as plantacións do resto de compañeiros e arrancar xunto coas galiñas algunha mala herba. No invernadoiro preparamos o terreo para a plantación, arrancando malas herbas, picando, removendo e regando a terra. Despois de hidratarnos na aula porque facía moita calor voltamos á rúa para ir mercar as tomateiras á tenda. O dependente explicounos todas as plantas que alí vendía e serviunos 10 tomateiras de dúas clases diferentes.   De volta, no invernadoiro fomos plantando por parellas as tomateiras nos regos que tiñamos preparados. Van crecer un montón! porque facía moita, moita calor. Xa na clase sorteamos os ovos por número de lista. Que os disfrutedes familia! O resto da semana seguimos cos coidados do horto e das galiñas. Emocionados estivemos cando atopábamos ovos no galiñeiro e cando lle tocamos a cresta ás galiñas. Pero que mansiñas son!   E para que as familias viran o ben que o pasamos creamos este vídeo: https://youtu.be/wG9mXOHUAds  

E hoxe... tocoulle a quenda a 1º B

Os máis pequenos estiveron hoxe moi traballadores. Coa axuda da mestra revisaron a evolución do plantado no invernadoiro (allos, cenorias , chícharos , cebolas...). Tamén coidaron das pitas, dándolle de comer, beber, limpando e unha afortunada levou un ovo para a súa casa. Podedes velo nas seguintes imaxes.

VIVIR NO SOLO

Este é o título dun cómic creado polo Consello de Cultura Galega, que acaba de ser reeditado, e é utilizado como recurso didáctico en museos e parques naturais como o de Nebrodi (Sicilia). Como a noticia parécenos que ten importancia deixámosvos a ligazón para que lle botedes unha ollada. http://https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/12/06/reeditan-vivir-solo-comic-sobre-importancia-terreno-genera-interes-nivel-internacional/0003_201812G6P27995.htm    

DÍA DA PAZ 2019

Esta xornada adicámola a alimentación en xeral, consumo responsable, deforestación... especial mención á nosa horta inaugurada oficialmente ese día. Dende o departamento de TICS elaborouse un vídeo que proxectamos para todos os meniños do centro e as súas familias. Aquí tedes o video na seguinte ligazón. https://youtu.be/uySpBS0vJF4    

RECICLAR SEN PARAR

Por se alguén ten algunha dúbida de como separar o lixo, na entrada do noso colexio, temos un mural moi grande e visible para saber onde temos que tirar cada cousa. A que está bonitiño?

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!