jueves, 8 de abril de 2021

PASIÑO A PASIÑO 4ºA

 Os alumnos e alumnas de 4ºA temos que dicir que descubrindo o Camiño de Santiago experimentamos sentimentos nunca vividos anteriormente.

Coñecemos a sorprende historia sobre o Apóstolo Santiago, as rutas xacobeas a nosa preciosa catedral...

Preparar o equipamento para o Camiño foi emocionante! Pintamos cunchas de vieiras, cabazas...

Camiñamos desde Estación Lalín ata Donsión, 4km 830 metros!

Quedamos con ganas de máis pero agora tócalle aos nosos compañeiros de 4ºB.

Que mágoa que por culpa do coronavirus non poidamos facer o Camiño de verdade.

O noso sentir foi de auténticos peregrinos!


 

sábado, 27 de marzo de 2021

DÍA DO PLANETA

 Moitas cousas pequenas en moitos lugares pequenos....axudan ao noso PLANETA. Iso é o que nos levou ás mestras de 1° a intentar concienciar ás nosas alumnas e alumnos da importancia de coidar o noso..


 

jueves, 25 de marzo de 2021

 A SEMENTEIRA DOS CHÍCHAROS

QUE RICOS OS CHÍCHAROS!!! OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL A  IMOS COMER UN MONTÓN PORQUE OS SEMENTAMOS NA HORTA DO COLE.

 

miércoles, 24 de marzo de 2021

COIDADO GALIÑAS 1ºB

 Ola! Sabedes que coidamos moi ben ás pitas os de 1°B? Limpamos, recollimos os ovos, démoslles de comer e beber... Agora tócalles a quenda aos de 1° C. Moita sorte chicos😜

 


viernes, 12 de marzo de 2021

COIDADO GALIÑAS 1ºA

 Ola, esta semana tocounos cuidar ás galiñas aos nen@s de 1°A .Fíxonos moita ilusión. Recollemos 8 ovos!!Xa lle demos a oveira aos de 1°B. Que siga o baile!!!


 

miércoles, 10 de marzo de 2021

PASIÑO A PASIÑO 3ºA

 Xa camiñamos as nenas e nenos de 3A. Finalizamos con 8 km e 400m.
Pasamos por Puxallos, Pontenoufe, Xesta e Medelo. Quedamos moi preto de Estación de Lalín.
Foi divertido porque para algúns era a primeira vez que camiñabamos sobre esta plataforma, íamos un chisco nervos@s, pero axiña se nos pasou.
Oxalá podamos ir ata o final: Santiago!!!!
Ánimo a tod@s @s que faltan, xuntando forzas...... chegaremos.


 

 

 

domingo, 7 de marzo de 2021

COIDADO GALIÑAS 2ºB

 Esta semana as galiñas foron coidadas pola clase de 2º B e elas agasallaron aos seus coidadores con fermosos ovos.





 

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!