lunes, 30 de noviembre de 2020

 PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO

 Este curso, dende Voz Natura, presentamos aos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP PADRE FEIJOO (ALLARIZ) o Proxecto "PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO". O noso obxectivo é facer o camiño de Allariz a Santiago.

 Por mor da pandemia tivemos que adaptalo á nova realidade que estamos a vivir. Farémolo nunha cinta de correr dividido en 6 etapas.

Simularémos que saímos de Allariz e iremos pasando polos distintos lugares, axudados por un vídeo que se proxectará na parede, un mural do camiño e cunha ambientación na que non faltará detalle: herba, plantas... 

Partirémos o 1 de decembro e serán os nenos e nenas de Educación Infantil os encargados de inauguralo coa axuda das mestras de Psicomotricidade.

Agardamos expectantes!!!


COIDADO DAS GALIÑAS

Esta semana os encargados das galiñas foron os nenxs de 6ºC, e parece que tiveron máis sorte que xs nenos anteriores....levaron ovos para casa.

SEMENTAMOS ALLOS

Os nenos e nenas de quinto de Educación Infantil A decidimos coller o sacho e comezar coa sementeira. Teremos que agardar unhas semaniñas para ver o resultado do noso traballo.

PREPARANDO A HORTA DE AURI

 Os alumnos de quinto B despois de traballar os seres vivos fixemos saida á nosa horta para poñer en práctica o aprendido e arrancar as herbas secas. Estivemos preparando a terra,botámoslle folla ,arrincamos herbas que lle demos as galiñas, rellenamos o composteiro e tamén nos deu tempo de sembrar nabos. Pasámolo xenial e para a semana queremos volver polo que imos traballar moito para volver.

INVESTIGANDO

Esta semana os encargados do coidado das galiñas foron xs nenxs de 6ºB. E polo que parece estiveron investigando por qué as galiñas son omnívoras.

PLANTAMOS VERZAS

Os nenos e nenas de cuarto de Educación Infantil B, plantamos verzas para as galiñas. Agardamos que medren!!!

COIDADO DAS GALIÑAS 6ºA

Os nosos alumnos de 6ºA foron os primeiros en achegarse a coidar as galiñas, esta semana tocáballe a eles. E polo que parece non se foron coas mans baleiras...

BENVIDAS

As nosas galiñas xa chegaron, xa están con nós. E os alumnos de sexto A son os primeiros encargados de coidalas esta semana.

PARABÉNS

Os nosos parabens aos colexios CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía (Ourense) e EEI Monte do Alba (Vigo) por ser os gañadores dos premios Voz Natura do curso 2019-20.  

MAFALDA ENSINA A 6º DE INFANTIL A RESPECTAR E COIDAR A NATUREZA É O PLANETA

              

SEXTO DE INFANTIL CELEBROU O DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA (18 de Outubro)

Ó abrir as ventás das aulas de cinco anos a natureza métese dentro para compartir cos "peques" o día a día. Vemos como se moven as árbores co vento, oímos a auga do río e escoitamos o piar dos paxariños. A relaxación na clase coa luz apagada fai que interioricen todos estes elementos. O alumnado está moi concienciado no coidado da natureza porque convive con ela todolos días. Estes nenos e nenas adoitan medidas no seu entorno que contribúen a manter un planeta contento: - apagan a luz. - reciclan. - aforran auga e - coidan as plantas.                             

OUTONO EN CUARTO DE INFANTIL

Os nenos e nenas de cuarto de Educación Infantil estivemos coñecendo os froitos do outono. Este ano, por mor da pandemia, non puidemos empregar o sentido do tacto. Coñecemos o seu nome, as árbores froiteiras, a cor, a forma e tamén fixemos degustación. Estaban moi saboras!                                                                                                         

A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!