sábado, 27 de febrero de 2021


"MARAVILLOSA IDEA"



"Maravillosa idea" así definen dende VOZ NATURA o proxecto PASIÑO A PASIÑO que se está levando a cabo no CEIP PADRE FEIJOO. Moitas grazas!!!
 

domingo, 21 de febrero de 2021

PASIÑO A PASIÑO 3ºB

 Chegou o turno de 3ºB! 

Vimos quentando motores desde hai uns días e xa estamos a tope. 

Rematamos a 3ª etapa e comezamos a 4ª con moita forza ata pasar Santo Domingo.

Fixemos 8km 420m e en total co resto do cole xa levamos 61km e medio.

Quedamos con ganas de máis!

Ánimo e Bo Camiño!

 


 



 

sábado, 20 de febrero de 2021

ARRANXO DA HORTA

 Os alumnos e alumnas de Quinto C adicaron parte da mañá do venres a arranxar a horta de Auri. Estiveron moi atarefados arrancando malas herbas, misturando abono e terra no interior do invernadoiro...foi imprescindible a súa axuda para preparar o entorno e deixalo en boas condicions para os próximos días. En breve, comezaremos a prantar toda clase de hortalizas. 

Grazas rapaces!!!


 

jueves, 18 de febrero de 2021

COIDADO DAS GALIÑAS 3ºB


Hoxe por fin saiu o sol e puidemos facerlle unha visita ás pitas para limpar, poñerlles auga e comida. Tivemos moita sorte e nestes días recollemos ducia e media de ovos, que non son poucos!

Houbo quen fixo tortilla francesa, ovo fritido e mesmo revolto, de calquera xeito os oviños das nosas pitas están riquísimos!


 

lunes, 8 de febrero de 2021

PASIÑO A PASIÑO SEGUNDO CURSO

 Camiñando, camiñando fomos avanzando.

Os nenos de 2º, con moitas ganas e boa disposición conseguiron facer un bo anaco do camiño, nada máis e nada menos que...19 kilómetros e 600 metros!!!!! Algúns máis lentos outros máis rápidos pero todos con moita ilusión.

 

Deixaron atrás a segunda etapa...

                                                       E comezaron a terceira!!!!
 

  
2º A
  
2º B




lunes, 1 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ 4ºB
Os alumnos e alumnas de 4ºB elaboraron mandalas en forma de árbore con follas de cores. A idea está baseada na lenda da árbore da palabra que enxalza o diálogo como medio para o entendemento e o encontro das persoas. Un símbolo de Unión e Paz.





A SEMENTEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Ed. infantil estivemos de sementeira. Fíxonos moita ilusión!   AGORA TOCA ESPERAR!!!